A afouteza dos signos: aproximación ás linguas signadas
Temas
Detalles
O propósito desta guía didáctica é ofrecerlle ao profesorado de secundaria un instrumento para introducir as linguas de signos e o seu contexto sociolingüístico nas aulas de ensino secundario. Non se requiren coñecementos previos, agás se cadra algunhas nocións de gramática habituais nas materias de linguas da ESO e do bacharelato. Cómpre, iso si, unha certa curiosidade por achegarse a un mundo bastante descoñecido para a maioría da sociedade, a pesar de que cada día vai visibilizándose máis nos medios de comunicación visuais, nomeadamente na televisión. A guía ofrece tamén un espazo para reflexionar sobre a diversidade e a necesidade de incorporar as diferenzas, sen pretender normativizar as persoas que ás veces se senten diferentes da maioría pero que son iguais en dereitos. Agradecemos a colaboración das persoas xordas que consentiron en ofrecer a súa imaxe para ilustrar os exemplos da LSE, así como tamén a Francisco Eijo pola cesión do alfabeto dactilolóxico da súa autoría.