Anotación de corpus para o estudo da expresión gramatical de eventos: notas sobre o deseño do proxecto RADIS

Autor/a: CABEZA PEREIRO, María del Carmen; GARCÍA MIGUEL, José M.
Año: 2019
Editorial: Sensos-e, 2019
Tipo de código: Copyright
Soporte: Digital

Temas

Lingüística » Sistemas de transcripción de las Lenguas de Signos, Lingüística » Corpus signados

Detalles

O proxecto RADIS pretende basear a descrición gramatical da lingua de sinais española (LSE) en usos contextualizados. En concreto, o obxectivo fundamental é a compilación e análise da estrutura das predicacións en LSE desde unha perspectiva tipolóxico-comparada. Brevemente móstrase como se fai a anotación en ELAN, en tres fases ou niveis: anotación primaria, de compoñentes non manuais (CNM) e secundaria ou gramatical. Tal anotación, nomeadamente a gramatical, permite analizar os principais recursos para a expresión de argumentos na LSE, clasificados en externos (pronomes ou frases nominais), internos (construcións descritivas con clasificadores e locus) e outros que non se apoian nunha articulación manual determinada, como é o caso da acción construída, baseada en compoñentes non manuais, e outros exemplos de mantemento do referente no discurso sen mención explícita. A utilización de métodos cuantitativos permite correlacionar as formas de expresión con diferentes xéneros discursivos.